🎧 Sergio Llana Fúnez · Catedrático de Xeodinámica Interna da Universidade de Oviedo
Podcast: A singularidade xeolóxica do Xeoparque Cabo Ortegal
Módulo 2 · Patrimonio xeolóxico e cultural do Xeoparque Cabo Ortegal
Neste audio, Sergio Llana Fúnez, catedrático de Xeodinámica Interna da Universidade de Oviedo, explica por que o Cabo Ortegal é un territorio único a nivel internacional desde o punto de vista xeolóxico. A través dunha linguaxe clara e divulgativa, aborda as razóns polas que este espazo permite observar materiais profundos da codia e do manto terrestre, exhumados durante a Oroxenia Varisca, e converteuse nun referente científico mundial.
Este recurso forma parte do Curso de Guía-Intérprete do Xeoparque Cabo Ortegal, un proxecto financiado polo PRTR e o Plan de Sostibilidade Turística en Destino – Xeoparque Cabo Ortegal, unha acción desenvolvida pola Deputación da Coruña.
🎧 Sergio Llana Fúnez · Catedrático de Geodinámica Interna de la Universidad de Oviedo
Podcast: La singularidad geológica del Geoparque Cabo Ortegal
Módulo 2 · Patrimonio geológico y cultural del Geoparque Cabo Ortegal
En este audio, Sergio Llana Fúnez, catedrático de Geodinámica Interna de la Universidad de Oviedo, explica por qué el Cabo Ortegal es un territorio único a nivel internacional desde el punto de vista geológico. Con un enfoque claro y divulgativo, aborda las razones por las que este espacio permite observar materiales profundos de la corteza y el manto terrestre, exhumados durante la Orogenia Varisca, convirtiéndose en un referente científico mundial.
Este recurso forma parte del Curso de Guía-Intérprete del Geoparque Cabo Ortegal, un proyecto financiado por el PRTR y el Plan de Sostenibilidad Turística en Destino – Geoparque Cabo Ortegal, una acción desarrollada por la Deputación da Coruña.
Podcast do Curso de Guía-Intérprete do Xeoparque Cabo Ortegal.
Un proxecto formativo deseñado para poñer en valor o patrimonio xeolóxico, natural e cultural deste territorio.