Sign up to save your podcasts
Or

Manuel Baltar, aka Baltar fillo, demostra unha vez máis que iso do inmobilismo non vai co PP, ou polo menos co PP de Ourense. Vaille máis o automobilismo. Xa sabiamos que os Plans de Vías e Obras das Deputacións era para que as estradas estivesen en condicións, pero non tiñamos claro todas as implicacións do asunto.
Mentres, en Sanxenxo capean o temporal como poden. O Emérito sen poder navegar e desmentindo que teña unha filla que se chama Alejandra (ollo, non que só teña dúas). E os de Sanxenxo o resto do ano aturando a RAE que asegura que dicir «Sanjenjo» limpa, fixa e dá esplendor. Expectación en Niño de la Guía por se son os seguintes.
A todo isto, Ana Luísa Bouza volveu da súa misión secreta, pero non aclarou moito á troika Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro en que consistiu.
By LuzesManuel Baltar, aka Baltar fillo, demostra unha vez máis que iso do inmobilismo non vai co PP, ou polo menos co PP de Ourense. Vaille máis o automobilismo. Xa sabiamos que os Plans de Vías e Obras das Deputacións era para que as estradas estivesen en condicións, pero non tiñamos claro todas as implicacións do asunto.