Entrevistamos a Tano Tamño, coordinador da XV Festa da Chanfaina e Carne do Suido que vai ter lugar este domingo 23 de xullo na praza de Fornelos de Montes e que contará con diversas actividades lúdico-musicais ao longo de toda a xornada. Tamaño destacou a colaboración do Concello de Fornelos de Montes e de tódolos veciños que fan desta festa unha obrigada parada no panorama gastronómico e festivo galego.