Neste Té sen Gotas publicamos completa a nosa entrevista con Enrique Sáez, exdiretor xeral do Banco Pastor, e presidente da Fundación Juana de Vega e do grupo Torres & Sáez, unha compañía galega especializada na distribución de equipamentos industriais e ferramentas.
Nela fálanos de como descubriu a utilidade do galego para abrir novos mercados en Portugal durante a súa etapa como directivo do Pastor e danos a súa opinión sobre a importancia de ensinar portugués na escola.
Os anacos da conversa con el que publicamos no Té con Gotas da pasada semana semella que tiveron moito éxito, así que aquí vai a gravación completa.