Fanzines, revistas do cole... Adicamos o programa ás revistas creadas en Valladares.
Nos 80, coincidindo coa explosión do asociacionismo, foron aparecendo "O adro", mais tarde "Vai-darlles", "Folla mais, folla menos" (ésta só tivo un número).
Nos 90 creáronse "Ghalochoco" ou a "Revista Escola", que se converteu nun clásico dos venres para a xente da canteira do fútbol.
Un ir e vir de grupos xuvenís que foron plasmando as súas pulsións en relación a parroquia. Ata hoxe, que rememoramos moitas vivencias coas fotos e historias no libro de San Campio.