Montamos en bici. Imos de paseo polas corredoiras de Salvaterra, que son mais levadeiras que as da etapa da Volta a España polas Rías Baixas. O concello ten bicis de balde para percorrelo e anda noutro proxecto con Tui, Tomiño e Monçao para que poidamos facelo en bicis eléctricas.
Dende o Baixo Miño, Paco Nonovo lánzanos propostas musicais no seu podcast “Cando Dorme O Ghato”.
Tamén traemos unha de cans... en adopción. Conversamos coa Casa Grande de Xanceda da campaña "Adóptame, iogures pola adopción" e da súa cadeliña, Malibú, que visita algúns coles de primaria en Galicia.