Mañá é o Día do Medioambiente. Na Senda do Moucho, ademáis de programar saídas ben xeitosas, sacaron un libro de sobre a flora que podemos atopar na serra dos Ancares. A que non sabíades que en Vigo, gracias ós peches perimetrais, a natureza recobrou cousiñas como orquídeas na zona da Travesía? Buscádeas, que ainda están en flor.
Orgullo Galego, a vida en Galicia contada en galego inunda as redes sociais. Todas. Dende facebook ata Twich. Este domingo, conversa e retranca con Carlos Blanco.
Pauliña presenta este sábado en Valladares o seu novo traballo. "Testemuñas", un botar para fora e rexenerarse acompañada dun feixe de bos músicos.