Videoxogos a tutti plen!
Non só son violentos. Tamén poden ser educativos. Diso conversamos con Antón. O seu TFG vai sobre aplicacións didácticas dos videoxogos ó rol en vivo. Exemplo: aprender a historia da muller na idade media cun xogo de rol en vivo e videoxogos nun colexio.
Esta fin de semana no MARCO un encontro sobre videoxogos e literatura. Comparten a mesma narrativa libros e videoxogos.
Dos Esports pódese chegar a vivir. E a corpo de rei. E non só xogando, senón comentando.
Van moitas recomendacións de xogos para este finde. E música.