O túnel da Porta do Sol. Escoitamos o parecer da Asociación Vigo Histórico sobre a obra do túnel.
Xa que andamos polo Casco Vello, aproveitamos para coñecer a que anda a asociación de veciños. E falamos con Fiz Axeitos sobre os pisos turísticos, as actividades da asociación e a Panificadora.
E por último, conversamos con Ancoradoiro Cohousing. Unha proposta cooperativa para vivir en comunidade, unha alternativa ós modelos privados e públicos das residencias de maiores.