Último día da nosa visita ao instituto. Hoxe celebraban o I Congreso Interxeneracional de Saúde e abriron as portas, non só a nós. Pola radio volveron profes e alumnos, pero tamén Carlos Spuch, neurocientífico e co-titor no StemBach ou Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga Alzheimer.