Ideas que xurden nos bares e acaban nun garaxe. Falamos de bandas emerxentes.
En Freixo xurdiu unha durante o confinamento. E o Revoltallo é un escaparate para moitas delas. Gabriel MacKenzie trae a este festival moito blues e aires do Mississippi.
Ides ir escoitando moitos dos grupos que van soar dende hoxe venres ata o domingo. Na versión familiar, o Revoltalliño, tamén hai música, contos, maxia...
E para os que non poidan vir pero queiran botar unhas rimas, aí vai o concurso de rap improvisado online: CeibaRimas.
Non forma parte do Revoltallo polo dagora... pero quen sabe.