Ás portas da fin de semana seguimos celebrando as Letras Galegas. E nós, quedamos no Centro Veciñal e Cultural que o sábado acolle unha homenaxe a José Iglesias Ramilo, que foi director da banda e da coral durante os últimos 50 anos. O domingo pola mañá hai andaina polos montes de Vigo arredor do monte Alba e dos Pozos. E pola tarde no auditorio actúan Germán Son e Paco Barreiro, con quen tamén falamos.