Dende unha prespectiva pausada, reflexiva e teórica conversamos sobre o plan de urbanismo e o movemento okupa.
Miguel Martínez, profesor de socioloxía, desenvolveu a súa investigación en moitas universidades. Dende Vigo ata Hong Kong, agora na de Upsala en Suecia. Na súa labor en Vigo estivo moi involucrado na participación cidadá e no desenvolvemento do PXOM de inicios do 2000.
Con el falamos do PXOM dende unha perpectiva mais teórica para entender en que consiste e porque é necesario.
Tamén, da falsa alarma en relación á okupación que se xerou no verán e chega ata os nosos días. Miguel Martínez está moi interesado nos movementos sociais e a súa investigación céntrase actualmente nisto.