A actualidade está sobrevalorada

Xente que se vai, xente que vén


Listen Later

Ademais de Pepe Mujica (ao que Xosé Manuel Pereiro se empeña en chamar «Mújica«, como Mújica Laínez ou Múgica Herzog, a diferenza de Ana Luísa Bouza e Xosé Hermida) e noutro moi distinto nivel, foise (só do cargo) a directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, María del Carmen Martínez Ínsua, presunta madriña da idea de pintar de verde a futura cheminea de Altri para convertila en icona gráfica. Na administración non saben conservar xente con tanta visión de futuro.

Si saben amarrar a quen garda as esencias da información pública ao servizo de quen manda, e así virá como directora xeral de algo que xa non se chama CRTVG a Concha Pombo, que de ser responsable do que chamaban información, agora será titular de todo o tinglado.

E para rematar en alto, un chamamento a celebrar, se é posible con pandeireta, o Día das Letras Galegas, dedicado, como saben, as mulleres que gardaron de forma practicamente clandestina a nosa cultura popular nas cociñas, como ben poden ler en Luzes

A todo isto, onde anda metida Marta Otero Mayán?

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

A actualidade está sobrevaloradaBy Luzes