De que grupo de wasap marchaches? Os tes silenciados ou o teu teléfono pita mais que unha ola a presión? Danger, danger... o perigo do século XXI: os grupos de wasap.
Sobre o uso eficiente das redes sociais nas empresas conversamos coa consultora de marketing dixital Iria Álvarez.
Violín e acordeón para acompañar a xornada con Caamaño&Ameixeiras.
E un clásico do xoves, cine con Eloy. In the Heights, retrata a identidade dun barrio latino en New York.