Vai pasear a fin de semana por Valladares a organeta!! Un carriño musical reciclado, que pode tocar dende cancións de Ana Kiro ata folk rock brasileiro cun serrucho musical, cunha trikitixa vasca, un organillo ou cun sistema de percusión autónoma… Falamos co "enxeñeiro musical" Pulpiño Viascón.
Tamén chega ó salgueiral a Orquestra de Caramote. Un conto musical que nos vai facer viaxar polo mundo. Dende venres a domingo hai moita actividade familiar polos arredores do noso salgueiral.
Abriron os norte!!! Imos ó cine? Van as propostas de Eloy: unha americanada, Worth, unha francesa, Anette, e unha made in Xapón, Madres Verdaderas.