Historias… a nosa historia… Falamos no Esperta con Sohail Noori, presidente da comunidade afgá en España (ACAE). Tamén coñecemos a figura de José Gil, o pioneiro do cine galego nos inicios do 1900, da man do seu 'biógrafo' Manolo González. E damos unha volta polo CUVI, para coñecer a programación cultural desta primavera, que organiza Extensión Universitaria.