Portugal e Xapón no mesmo programa. Conversa con Acordeireta, que estivo de concerto con MJ Pérez e CRUA na Sala Rebullón celebrando o 25 de abril. E paseo polo Casco Vello onde podemos atopar unha pequeniña pastelería xaponesa, Sen. Por certo, na Escola Oficial de Idiomas están a celebrar a semana xaponesa e onte poideron degustalos na ceremonia do té. Ah, e recomendación literaria, “Desfiladero”, de Beatriz Fernández.