Arial ou Comic Sans? Que letras escollemos cando queremos escribir algo que quede bonito? Diso conversamos con María Ramos, deseñadora de tipografías. www.marsidesino.com
Nas rúas de Vigo atopamos un amplo abano de letras, algunhas están a piques de desaparecer como consecuencia do peche dos establecementos. Por iso dende o Ateneo Atlántico lanzaron a campaña "Mirando polos letreiros”.
E, aproveitando as Olimpiadas, imos falar da importancia da mente e da saúde mental con Iago Roel.