Furanchos. Remata xullo. Bótanlle a chave á porta. E moitos, por precaución covid, nin abriron. Juan, o dono do da Balsa, un clásico de xuntarse a tomarlle unha e festexar, emocionouse moito no directo.
Mais? Cine con Eloy. Sobre unha das protagonistas de "Lo que el viento se llevó", Olivia de Havilland.
Tertulia de deportes. Campionato galego de ciclismo e mais traíñas (Meira vs. Tirán).
Andan peregrinos polo Camiño de Santiago na costa? O Pazo de Pías, en Nigrán, é o punto de bifurcación para os que van cambiar o mar polo monte ata Freixo buscando o "enxebre". Dende este albergue, Mónica, fainos de antropóloga. Os asiáticos son os que gostan do monte "enxebre" e os portugueses, da costa.