Zona Wifi - Fóra de Cobertura

Zona Wifi - Fóra de Cobertura

By xabierrolanScienceSocial Sciences
Download on the App Store

Zona Wifi - Fóra de Cobertura episodes

  • S04 E1 Witip con @dorfun: vaIA vaIA coas intelixencias artificiais!

    Pois Amador e Xabi volven ás andadas. Primeiro capítulo de 2023. Non era sen tempo, pero quedou xeitoso. 

    Velaquí os recursos dos que falamos ao longo do episodio 

    Samuel Gil: #153 ¿Cuándo nos va a quitar el empleo la inteligencia artificial?

    Stephen Wolfram: What Is ChatGPT Doing … and Why Does It Work?

    TinyWOW (en serio, é a repanocha esta web)

    Link ao grupo de Telegram. Únete e compadrea/comadrea connosco!

    49 min
  • S03 E14 Witip con @dorfun: "Feliz cistalxia de 2023". Unha ucronía para rematar o ano

    Pechamos o ano como so a Amador e Xabi lles gusta: especulando e cuñadeando. No canto de falar do que nos deparará o 2023 no eido da tecnoloxía, conversamos sobre o que foi o ano 2023, como se estivesemos no Nadal de 2023. Admitimos novas elucubracións, desvaríos tecnolóxicos. 

    Que non sabes o que é a "cistalxia"? Pois escoita o capítulo.

    Escoitámonos en 2023, benqueridos e benqueridas oíntes

    46 min
  • S03 E13 Witip con @dorfun e Bernabé Carrillo (@bernacee). "Benvidas á televisión, plataformas de streaming"

    Fantástico, fantástico, fantástico programa con Bernabé Carrillo, que nos contou o "inside job" dende as trincheiras de A3Player e a súa visión sobre a situación actual da súa profesión e da relación que temos coas canles de televisión, plataformas de streaming e algunhas cousas máis. 

    A recomendación da semana, como era obvio, pasa por A3Player, e completamos a información aportada por Amador sobre Netflix e servidores, que desenvolveron https://openconnect.netflix.com/en/ onde hai moita mais info propia.

    57 min
  • S03 E12 Especial "Wi-Tip" con @dorfun: "Black to school"

    Porque xa é tarde para falar da volta ao cole, pero aínda é cedo para falar do Black Friday. 

    Resolvemos o concurso que tiñamos pendente, aínda que o produto que sorteamos pechou o seu servizo (algo totalmente involuntario pola nosa parte!).

    Amador recoméndavos un calendario de advento de RaspBerry, e Xabier recoméndavos a triloxía de Cixin Liu "O problema dos tres corpos". 

    Volvemos cun episodio curtiño (para os ladrillos que nos mandamos, si, é curtiño) porque sabemos que nos botabades de menos!

    46 min
  • S03 E11 [especial webinar WordCamp Pontevedra] "WordPress na Universidade de Vigo", con @wajariv, Ana Gavilán e @castrovilar

    O pasado mércores 13 achegueime aos micrófonos da organización da WordCamp Pontevedra (23-25 de setembro) para charlar con Wajari Velásquez, Sabela Muñiz e Ana Gavilán, e falarmos sobre a introdución de WordPress na Universidade. Un pouco para derrubar os mitos do carácter inamobible desta institución que defendo (e que me dá de comer).

    Venda de entradas aquí 

    53 min
  • S03 E10 Volvo a Windows 13 anos despois

    Volver a ter un equipo con Windows ben merece a pena contalo!

    Que che conto neste episodio?

    • Que me levou a voltar a windows
    • Con que equipo volvín a Windows
    • Que uso lle vou a dar
    • Que me gusta deste regreso
    • Que non me gusta deste regreso, ou a qué me tiña acostumado macos
    • Lembra que temos un concurso en marcha, so tes que escoitar o último witip e participar :)


      17 min

    About Zona Wifi - Fóra de Cobertura

    From the publisher's feed

    Podcast sobre comunicación dixital, tecnoloxía e moitas outras cousas que me pasan pola cabeza - Con Xabier Rolán, profesor e investigador na Universidade de Vigo