Exército Mekemeke

#1 | Ola parroquia


Listen Later

Primeiro programa dos tres xenerais mekemekes. Primeira batalla do Exército Mekemeke.

Damos a benvida a todo o mundo a este exército mekemeke conformado por Carlos, Miguel e Xubi que veñen falar un pouco de todo e tamén un pouco de nada, nun programa que ten como bandeira o entreter e facer rir co noso particular humor.

Neste primeiro programa Carlos Vieito tráenos a grandísima noticia de que 'Pasión de Gavilanes' terá unha continuación cos protagonistas orixinais desta mega coñecida telenovela que marcou a toda unha xeración. Miguel fálanos de dúas pelis: 'Quién lo impide' de Jonás Trueba e un tráiler sorpresa que lle serve de escusa para facer un divertido xogo. Finalmente Xubi pecha o programa cunha boa carga de nostalxia falándonos dos Bionicles. Uns xoguetes de Lego que naceron a principios do século XXI e que agora parece que se volveron a converter en tendencia e se están a revalorizar a uns prezos de infarto.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Exército MekemekeBy Sapo Vermello