
Sign up to save your podcasts
Or


Exército Mekemeke visita o soviet de Arzúa por primeira vez para un especial da 43 edición da Festa dos Botes! 🎉
O pregón deste ano corre a cargo das primeiras comisións arzuás, e nós aproveitamos a súa sabedoría para desvelar o que realmente pasa entre bambalinas: fallos, tensións, segredos e trucos para sobrevivir á organización dunha festa.
Se pensas que montar unha festa é doado... é que nunca falaches cunha lenda das comisións de festas.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Dámosvos a benvida ao consultorio máis fabuloso de Internet! Neste episodio, os mekemekes sentámonos a responder as preguntas, dúbidas, dilemas e ocorrencias que nos enviastes. Hai consellos útiles?Probablemente non. Hai respostas inesperadas, anécdotas e moitas risas? Diso vai sobrado.
Grazas por enviarnos as vosas preguntas e por facer posible este consultorio tan peculiar. Se queredes participar nos próximos episodios, prestade atención ás nosas redes porque anunciaremos a pretempada para despois do verán.
Preparade papel e lápis, porque os expertos en absolutamente nada xa están aquí para axudarvos.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
POR FIN! Tanto falar e nunca fixéramos un programa sobre a raíña da nosa gastronomía: a empanada.
Neste episodio mergullámonos no mundo das empanadas: de atún, de zorza, de millo, de bacallau con pasas... as de toda a vida.
Falamos dos segredos para que o mollo quede no punto e, o máis importante: poñemos a proba aos nosos mekemekes cunha cata.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Neste episodio falamos do Camiño de Santiago. Tanto das cousas chulas, como os bocadillos de tortilla míticos e a sensación de chegar a un albergue e que aínda queden literas libres. E das cousas non tan chulas, como os ronquidos alleos ás 3 da mañá, as ampolas en sitios impensables e a xentrificación das vilas.
En resumo: facer o Camiño é unha chulada, mais tamén hai que falar de como están transformando a nosa economía para mal. E disto último lado falamos máis.
Descubre se es máis de cuncha colgada ao peito ou de tirar a quen a leva pendurada da mochila.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Neste programa especial no Festival de Cans preguntámonos: e se os galpóns xa non serven só para gardar o tractor?
Exploramos ideas revolucionarias coa bailarina e actriz porriñesa, Janet Novás, para darlles unha segunda vida a estas edificacións completamente legais:
🏡 Alugar galpóns para vivir: Porque quen necesita fiestras cando podes espertar cada día co aroma a silo e o cacarexo dunha pita libre? (Inclúe humidade de balde).
🚜 Chimpíns como transporte público: Esquece o tren de alta velocidade. Imaxina ir ao Morrazo polo monte a velocidade de chimpín, sen atascos e cunhas canisas con astillas.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
QUE PASAAADA, MEKEMEKES! Hoxe poñémonos a proba cun desafío tecnolóxixo: preguntas trampa, mitos tecnolóxicos e a nosa cara cando non sabiamos que era o PIN. Quen será o auténtico mekemeke tecnolóxico?
Se che gusta a tecnoloxía e o humor: PARTICIPA! Deixa a túa puntuación nos comentarios e retade a outros mekemekes.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Se eras de clase B… este episodio é terapia!
Viaxa cos mekemekes ao pasado para falar dunha das rivalidades máis antergas da nosa vida: os de A contra os de B.
Os favoritos do profesorado, os “aplicados”, contra os que vivían un pouco máis ao límite.
Pero a cousa non queda aí. Porque cando pensabas que madurabas… chega a universidade e reaparece o pique: carreiras que se cren superiores, guerras eternas entre facultades e ese clásico de “o meu é máis difícil ca o teu” que nunca pasa de moda.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Hai familias normais… e logo están as nosas. Eses tíos que aparecen só en vodas, as avoas que todo o saben, os curmáns que sempre teñen unha historia mellor ca túa e esas reunións familiares que comezan tranquilas… e acaban sendo material de terapia.
Situacións coas que todos nos sentimos identificados, levándoas ao extremo con humor absurdo, retranca e moita mala leite.
Se algunha vez pensaches “isto só pasa na miña familia”… xa verás como non.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Neste episodio os mekemekes falan dun tema que nos toca a todos e todas: a salú. Desde arrefriados eternos, ata esas visitas ao centro de saúde que parecen unha aventura de obstáculos.
Compartimos problemas de saúde reais, anécdotas vividas nas salas de espera e algunhas situacións tan absurdas que só che poden pasar cando máis o necesitas.
⚠️ Advertencia: contén humor, algo de frustración sanitaria e moita, moita identificación con quen xa tivo que pedir hora con “non hai horas” ou escoitar o famoso “volve en 15 días se segues igual”.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Os mekemekes debaten acaloradamente os pros e contras do servizo militar obrigatorio mentres intentan sobrevivir a manobras caóticas.
A mili realmente ensina disciplina, compañeirismo e a facer a cama en dez segundos, ou só serve para perder o móbil, comer fabes con grumos e aprender a durmir de pé.
Entre roubos de chourizos da cantina, instrucións absurdas e un sarxento que acaba bailando bachata, descubren que o verdadeiro pro é ter historias que contar… e o contra, telas que vivir.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
From the publisher's feed