En pouco máis dun mes, do 23 ao 27 de setembro, vaise celebrar o Festival Internacional de documentais de Tui, Play-Doc. Tivo que aprazar a súa edición en abril debido á COVID-19, e agora tocou adaptar tamén a súa programación á nova realidade. Hoxe remata o prazo de inscrición para o obradoiro Retrato colectivo, e aínda que poden anotar os que desexen colaborar coma voluntarios.