O Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, co apoio de Turismo de Galicia e do Concello de Tui, organiza o coloquio "O Camiño Portugués: Presente, Pasado e Futuro unha singular ruta xacobea” que mañá xoves e o venres vai ter lugar en Tui.
O Espazo Sociocultural acollerá estas dúas xornadas nas que expertos e expertas abordarán temáticas como o Camiño de Santiago, o Camiño Portugués ou os 800 anos da consagración da Catedral de Tui, entre outros.
Melchor Fernández é un dos membros do comité organizador, é profesor na Facultade de Económicas da USC, e hoxe avanzou algúns detalles do que será este coloquio.
Lembramos que a inscrición para asistir é gratuíta, enviando un correo a
[email protected].