Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

All Día a Día episodes

  • Ent. Ana Rodríguez, do CIM de Mos; e Javier Martínez, experto en intelixencia artificial | Xornadas 25N
    O próximo luns 23 e o martes 24 celébranse en Tui as xornadas "A violencia que se esconde tras a pantalla. Violencias machistas na era dixital" co gallo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller. As xornadas comezarán, ambos días, ás 18 h na Sala Félix Rodríguez e o acceso é libre.
    Ana Rodríguez, xurídica do Centro de Información á Muller, destacou hoxe na nosa sintonía a importancia de abrir espazos públicos para conversar sobre as novas formas de violencia machista.
    O primeiro experto en intervir será Javier Martínez, profesor da UVigo e especialista en IA. Abordará o tema “Quen educa as nosas fillas e fillos en Internet? Algoritmos, intelixencia artificial e violencia contra as mulleres”.
    15 min
  • Ent. Rogelio Cabado, cantautor | Xornada "800 razóns para estar unidos"
    A Catedral de Tui acollerá mañá sábado ás 17 h un concerto de Rogelio Cabado dentro dos actos conmemorativos do 800 aniversario da consagración do templo catedralicio. Previamente, ás 12 h, no Seminario Menor o cantautor participará nun encontro de formación co lema "800 razones para estar unidos".
    Rogelio Cabado destacou hoxe na nosa sintonía que o obxectivo desta xornada é unir ás persoas a través da música.
    10 min
  • Ent. Menchu, Sío e Sendo | 50 anos do edificio Roma
    O edificio Roma de Tui construíuse no ano 1975 na avenida da Concordia. Este mes de novembro a súa comunidade de veciños quixo celebrar os 50 anos de historia cun xantar compartido, tamén coa veciñanza de edificios da contorna.
    Hoxe conversamos con Menchu, Sío e Sendo, tres dos organizadores, sobre a historia do edificio e a súa relación coma comunidade.
    11 min
  • Ent. Baltasar Garzón, xurista e presidente da Comisión da Verdade | Xornadas de memoria histórica de Tomiño
    O xurista Baltasar Garzón dará comezo hoxe venres ás Xornadas de memoria histórica que organiza o Concello de Tomiño en homenaxe a Francisco Rodríguez, Otero, Paquiño de Figueiró.
    Será cunha conferencia aberta ás 19 h no auditorio de Goián. Conversamos hoxe con Baltasar Garzón, presidente da Comisión da Verdade, sobre o que é a memoria democrática e sobre a importancia de desenvolver iniciativas locais coma a que hoxe abrirá.
    23 min
  • Ent. Natalia Lago | Ruta do outono da Fada do Aloia
    Este domingo ás 16 h a Fada do Aloia celebra a ruta do outono. Unha proposta para descubrir as cores, curiosidades e flora desta época do ano no Parque Natural. Vai dirixida a nenos e nenas a partir de 3 anos, e o prezo é de 8€ para as crianzas e 10€ para persoas adultas.
    A cuota inclúe agasallos para os nenos e nenas e os seguros, segundo indicaba hoxe Natalia Lago na nosa sintonía.
    6 min
  • Ent. Marisa Giráldez e Miguel da Rocha, do Club Bádminton Tui | Torneo recreativo e cambio na presidencia
    Este sábado celébrase no pavillón do IES San Paio o torneo recreativo que un ano máis organiza o Club Bádminton Tui. Serán preto de 80 os nenos e nenas que participan a partir das 10 h neste torneo.
    Miguel da Rocha, presidente do club tudense, deu hoxe os detalles desta actividade.
    Conversamos hoxe tamén con Marisa Giráldez, quen vén de deixar a presidencia do Bádminton Tui. Con ela falamos sobre esta decisión e sobre o momento no que agora mesmo está.
    8 min
  • Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade de Tui | 25 N
    O Concello de Tui vén de lanzar "Sé parte da solución", a súa campaña polo 25N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller. A programación inclúe sete xornadas de actividades e comeza o próximo luns 23 coa primeira das dúas xornadas formativas "A violencia que se esconde tras a pantalla".
    Ana Núñez é a concelleira de Igualdade de Tui, e hoxe deu conta na nosa sintonía do porqué desta programación e do cartel deste ano, obra da artista Paula Mayor.
    18 min
  • Ent. Xonqui, músico
    Xonqui é músico, de Salvaterra de Miño, e vén de lanzar o seu primeiro EP con cinco cancións que hoxe presentou na nosa sintonía.
    Unha delas, Eco de las estrellas, recibiu o Premio á Mellor Composición en Canción Indie nos Premios Talento Latino 2026.
    8 min
  • Ent. Bárbara González, responsable de comunicación e marketing de Plaintec | II Fase Cero
    O Teatro Municipal de Tui acollerá este venres ás 20 h a segunda edición de Fase Cero, un evento de divulgación organizado pola empresa tudense Plaintec.
    Un conxunto de persoas expertas compartirán as súas experiencias, coñecemento e reflexións arredor da construción baixo o lema “Cada vez que o mundo cambia, alguén ten que aprender a construílo”. As ponencias estarán dispoñibles nas próximas semanas nas canles divulgativas de Plaintec, xa que se trata dun evento pechado a público xeral.
    Coñecemos hoxe os detalles con Bárbara González, responsable de comunicación e marketing de Plaintec.
    11 min
  • Ent. Julio Llamazares, escritor | Visita a Tui no programa de actividades do 800 aniversario da consagración da Catedral
    O escritor Julio Llamazares, Premio Nacional de Narrativa 2026, estará mañá xoves en Tui dentro do programa de actividades conmemorativas do 800 aniversario da consagración da catedral de Tui.
    Ás 19 h, na Capela das Reliquias, participará nunha tertulia sobre o seu libro "Las rosas de piedra" no que o segundo capítulo está dedicado ao templo tudense. Xa ás 20.30 h participará no Espazo Sociocultural na proxección da película "Eloxio da distancia", da que foi coguionista.
    Con el conversamos hoxe sobre estas actividades e tamén sobre a súa última novela, "El viaje de mi padre", polo que recibiu o Premio Nacional de Narrativa 2026.
    13 min