Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

All Día a Día episodes

  • Ent. Eloy Carrera, director da Banda M. Popular de Tui| Concerto de Santa Icía Recordado a Nino Bravo con Serafín Zubiri
    A Banda de Música Popular de Tui ten preparado un concerto moi especial para celebrar a festividade da súa patroa, Santa Icía, xa que será unha homenaxe a Nino Bravo no que contarán coa participación de Serafín Zubiri. Será o sábado 21 ás 19 h no Teatro Municipal de Tui. As entradas están á venda de forma anticipada ao prezo de 10€ e no despacho de billetes terán un prezo de 15€.
    Falamos deste concerto con Eloy Carrera, director da banda tudense.
    10 min
  • Ent. Ismael Felgueiras e Sheila Rodríguez de Amigos da Festa de Rebordáns | Actividades
    Mañá sábado Amigos da Festa de Rebordáns inicia a temporada de bingos que van realizar todos os sábados ás 21 h no Centro Cultural San Fins de Rebordáns. Haberá servizo de ludoteca para os nenos e nenas. Así nolo contaron Ismael Felgueiras e Sheila Rodríguez de Amigos da Festa de Rebordáns.
    Avanzaron amais que o domingo 29 no Centro Cultural San Fins terán unha festa gastronómica de carné ao caldeiro. É preciso reserva previa no 684 10 73 67 u 652 27 44 72.
    5 min
  • Ent. Uxía Hermida | Estrea do espectáculo cómico "Curviland"
    A tudense Uxía Hermida estrea mañá sábado o seu espectácuo cómico “Curviland”, unha viaxe polo mundo das influencers na que non faltará a interacción co público. A cita será ás 21 h no Espazo Sociocultural con entrada libre. Con Uxía Hermida falamos hoxe do espectáculo.
    7 min
  • Ent. Xron, director da obra | Chévere con "Ictus (Anatomía de “A Derradeira Leición” de Castelao”
    Chévere chega hoxe ao Teatro Municipal de Tui para representar "Ictus (Anatomía de “A Derradeira Leición” de Castelao” cun cheo no patio de butacas.
    Sobre o escenario estarán Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Borja Fernández, Gema Santos, Marcos Pereira. A dirección e a dramaturxia da obra corresponte a Xron, responsable tamén da dramaturxia da obra. Con el falamos desta obra accesible que se enfrenta a un cadro de Castelao diseccionando a súa memoria a súa historia.
    10 min
  • Ent. Ana Soutelo, de A Insua de Caldelas | San Martiño
    A partir de mañá venres Caldelas celebra festas na honra a San Martiño organizadas pola asociación A Insua. Música, gastronomía e tradición estarán presentes con tres días de programación que se desenvolverá a carón da igrexa parroquial.
    Ana Soutelo, de A Insua, daba conta hoxe na nosa sintonía de que terán recinto con carpa e castañas de balde.
    7 min
  • Ent. Laureano Alonso, tradutor | Tradución de "Adivinación a través do sono", de Francisco Sánchez
    “Adivinación a través do sono” é a cuarta obra do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez que Laureano Alonso traduce do latín ao galego. É a primeira tradución deste texto que se realiza en España. O libro, editado polo Concello de Tui e que inclúe tamén unha tradución dun tratado de Aristóteles, será presentado o próximo luns, ás 20 h, na Sala Municipal no Edificio Francisco Sánchez.
    9 min
  • Espazo comercio | La Gran Manzana Lounge Bar
    Cada martes La Gran Manzana Lounge Bar organiza unha noite de xogos coa actividade "Adiviña a canción". A partir das 21 h as súas portas estarán abertas para que grupos de entre 3 e 8 persoas desfruten dunha noite divertida e chea de música.
    Así nolo contaron hoxe Yaiza Vila e David Palhares no Espazo comercio que semanalmente abrimos en colaboración con ACITUI.
    7 min
  • Ent. Manuel Rivas, experto en ciberseguridade | Prepárate para un Nadal Ciberseguro
    Como evitar unha estafa en internet, que debemos ter en conta á hora de realizar unha compra en liña, ou que debemos ter en conta nos dispositivos conectados a internet, son algunha das cuestións que se abordarán este xoves no obradoiro "Prepárate para un Nadal Ciberseguro" que de 17 a 18.30 h terá lugar na aula CEMIT de Tui.
    Será impartido polo experto Manuel Rivas. Con el falamos deste obradoiro e das charlas que vai ofrecer este mes nos institutos e centros educativos tudenses.
    10 min