Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

All Día a Día episodes

  • Ent. Ángeles Leirós, xerente de Aceesca; Luz e Sandra, familias | Mobilización pola residencia de Aceesca
    Aceesca fai un chamamento á mobilización social e apoio de cara a unha manifestación que celebrarán o venres 20 de novembro en Santiago de Compostela. Rodearán o edificio de San Caetano, sede da Xunta de Galicia, mediante unha cadea humana. Piden solución para a residencia de Aceesca, "Miña casa, miña comunidade".
    Hoxe coñecemos o estado desta residencia e a situación actual que viven as familias con Ángeles Leirós, xerente de Aceesca; e Luz e Sandra, familiares.
    18 min
  • Ent. Majo González, de Xuntanza; e Marita Giráldez, do grupo Chirlomirlo | XIII Mostra de Teatro Miguel Troncoso
    Este sábado comeza en Randufe a XIII Mostra Teatral Miguel Troncoso, organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza. Nesta primeira fin de semana presentaranse dúas obras. “Tres porquiños”, do grupo de teatro de Randufe, Chirlomirlo; e “Os vellos non deben de namorarse”, da aula de teatro do Concello do Rosal.
    Xa o sábado 14 ás 20 h o grupo Fonte da tella, da Casa do Pobo de Val Sobral, porá en escena “Merenda no campo”; e o domingo 15 ás 19 h o grupo do Centro Cultural de Sobrada presentará “Lisístrata”.
    Coñecemos hoxe os detalles desta mostra con Majo González e Marita Giráldez.
    10 min
  • Ent. Miguel Borines, actor-manipulador de monicreques | Tanxarina presenta en Tui "A Biblioteca Galáctica"
    Mañá venres ás 19 h volve a Tui Tanxarina Títeres con “A Biblioteca Galáctica”. Este espectáculo de monicreques recibiu o premio María Casares 2026 na categoría de Mellor Espectáculo de Monicreques, obxectos e formas animadas.
    As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€. Miguel Borines é un dos actores-manipuladores de monicreques que actuarán mañá en Tui, e hoxe deu detalles deste espectáculo que conmemora o 75º aniversario da Editorial Galaxia.
    6 min
  • Ent. Melchor Fernández, da Facultade de Económicas da USC | Coloquio internacional sobre o Camiño Portugués
    O Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, co apoio de Turismo de Galicia e do Concello de Tui, organiza o coloquio "O Camiño Portugués: Presente, Pasado e Futuro unha singular ruta xacobea” que mañá xoves e o venres vai ter lugar en Tui.
    O Espazo Sociocultural acollerá estas dúas xornadas nas que expertos e expertas abordarán temáticas como o Camiño de Santiago, o Camiño Portugués ou os 800 anos da consagración da Catedral de Tui, entre outros.
    Melchor Fernández é un dos membros do comité organizador, é profesor na Facultade de Económicas da USC, e hoxe avanzou algúns detalles do que será este coloquio.
    Lembramos que a inscrición para asistir é gratuíta, enviando un correo a [email protected].
    8 min
  • Ent. Lito Pereira, presidente da Comunidade de Montes de Areas | Prazas completas no Curso de Cogomelos
    Éxito absoluto do Curso de Cogomelos que un ano máis organiza a Comunidade de Montes de Areas. As 25 prazas dispoñibles están xa completas. Celébrase este sábado 7 ás 9.30 h.
    Hoxe Lito Pereira, presidente da Comunidade de Montes de Areas, daba conta de que percibe un gran interese por aprender a recolectar estes fungos. Amais, apuntaba á gran cantidade de cogomelos que hai no monte a pesar das estranas condicións climatolóxicas, ao non ter apenas chovido nas últimas semanas.
    6 min
  • Ent. Lis Montes e José Quintana, do Tyde F.C. | Gala centenario
    Este sábado 7 ás 20 h o Teatro Municipal de Tui acolle a Gala do Centenario do Tyde F.C. Unha cita festiva que forma parte da programación conmemorativa dos 100 anos do club. Haberá entradas dispoñibles para público en xeral esa tarde no despacho de billetes.
    Na gala estrearase amais o Himno do Centenario, tal e coma hoxe apuntaron Lis Montes e José Quintana, do comité organizador.
    Amais, avanzaron dúas citas máis que celebrarán este ano ao abeiro do centenario.
    12 min
  • Ent. Ángel García, do restaurante O'Bartolo | Cata de La Loba, en Emoción dos viños
    Prazas esgotadas para a cata de La Loba que o restaurante O Bartolo acolle este xoves ao abeiro do encontro Emoción dos viños, como cita paralela. Un total de 30 persoas participarán nesta actividade, tal e coma hoxe explicou Ángel García, de O'Bartolo.
    Esta fin de semana terá lugar no edificio da Praza da Inmaculada de Tui Emoción dos viños, no que 30 produtores e produtoras de pequenas elaboracións presentarán os seus viños.
    5 min
  • Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Donnie Darko, programación novembro e segundo aniversario do cineclub
    Hoxe martes o Cineclub Tui proxecta “Donnie Darko” no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Será en dobre sesión, ás 18.30 h e ás 20.45 h. Esta película é un cruce case perfecto entre o Samaín e Alicia no País das Marabillas, que conta cunha exposición bibliográfica en curso na Biblioteca Municipal de Tui.
    Con este filme ábrese a súa programación de novembro, nun mes especial para o cineclub polo seu segundo aniversario. Nolo contaba hoxe Noemí Guisande.
    9 min
  • Espazo comercio | 11 aniversario de Dequip Tui
    Dequip Tui cumpre 11 anos e hoxe conversamos con Mari Lamas sobre este aniversario e a súa historia. Valorou no Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI, os bos momentos vividos e agradeceu aos clientes e clientas a súa confianza.
    6 min