Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

All Día a Día episodes

  • Espazo comercio | Nattex Tui
    Nattex Tui é unha tenda dedicada ao descanso. Hoxe coñecemos os produtos que podemos atopar neste establecemento da rúa Martínez Padín, en Tui, e tamén as ofertas activas na campaña promocional do Black Friday.
    Facémolo no Espazo comercio, en colaboración con ACITUI, con Loli Pazos, directora e xerente de Nattex Tui.
    12 min
  • Ent. Ana Paula Xavier e Sonsoles Vicente | I Encontro Senior Tranfronteirizo Tui-Valença
    Este xoves 19 terá lugar o I Encontro Senior Tranfronteirizo Tui-Valença que reunirá a un centenar de persoas maiores de 60 anos dos dous municipios. O obxectivo desta xornada de convivencia é abordar a situación actual deste colectivo poboacional e darlle voz. Así, está programado un conxunto de actividades que se van celebrar na Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença.
    As persoas maiores de 60 anos de Tui poden inscribirse a través do enlace dispoñible na web tui.gal.
    Hoxe coñecemos toda a información con Ana Paula Xavier, vicepresidenta da Cámara de Valença e vereadora de Ação Social; e Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino e Cultura de Tui.
    8 min
  • Ent. Juan González e Cristina Pazo, de Protección Civil de Tui | Venda de rifas en favor da AECC
    A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui ten en marcha un ano máis unha iniciativa solidaria. Nesta ocasión o obxectivo é recadar fondos para a Asociación Española contra o Cancro, e comezaron xa a vender rifas para o sorteo de 500 € ao número que coincida co primeiro premio da Lotería Nacional do 4 de febreiro.
    Así nolo contaron hoxe Juan González e Cristina Pazo, de Protección Civil de Tui.
    8 min
  • Ent. Eloy Carrera, director da Banda M. Popular de Tui| Concerto de Santa Icía Recordado a Nino Bravo con Serafín Zubiri
    A Banda de Música Popular de Tui ten preparado un concerto moi especial para celebrar a festividade da súa patroa, Santa Icía, xa que será unha homenaxe a Nino Bravo no que contarán coa participación de Serafín Zubiri. Será o sábado 21 ás 19 h no Teatro Municipal de Tui. As entradas están á venda de forma anticipada ao prezo de 10€ e no despacho de billetes terán un prezo de 15€.
    Falamos deste concerto con Eloy Carrera, director da banda tudense.
    10 min
  • Ent. Ismael Felgueiras e Sheila Rodríguez de Amigos da Festa de Rebordáns | Actividades
    Mañá sábado Amigos da Festa de Rebordáns inicia a temporada de bingos que van realizar todos os sábados ás 21 h no Centro Cultural San Fins de Rebordáns. Haberá servizo de ludoteca para os nenos e nenas. Así nolo contaron Ismael Felgueiras e Sheila Rodríguez de Amigos da Festa de Rebordáns.
    Avanzaron amais que o domingo 29 no Centro Cultural San Fins terán unha festa gastronómica de carné ao caldeiro. É preciso reserva previa no 684 10 73 67 u 652 27 44 72.
    5 min
  • Ent. Uxía Hermida | Estrea do espectáculo cómico "Curviland"
    A tudense Uxía Hermida estrea mañá sábado o seu espectácuo cómico “Curviland”, unha viaxe polo mundo das influencers na que non faltará a interacción co público. A cita será ás 21 h no Espazo Sociocultural con entrada libre. Con Uxía Hermida falamos hoxe do espectáculo.
    7 min
  • Ent. Xron, director da obra | Chévere con "Ictus (Anatomía de “A Derradeira Leición” de Castelao”
    Chévere chega hoxe ao Teatro Municipal de Tui para representar "Ictus (Anatomía de “A Derradeira Leición” de Castelao” cun cheo no patio de butacas.
    Sobre o escenario estarán Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Borja Fernández, Gema Santos, Marcos Pereira. A dirección e a dramaturxia da obra corresponte a Xron, responsable tamén da dramaturxia da obra. Con el falamos desta obra accesible que se enfrenta a un cadro de Castelao diseccionando a súa memoria a súa historia.
    10 min