Hoxe comezan as obras para a construción do enlace ao Parque Empresarial de Areas, o que conlevará algún cambio no tráfico. A esta cuestións referíase na nosa sintonía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Tamén contestou as críticas realizadas dende a Asociación de Afectados de Paramos, e avanzou os asuntos que tratarán este xoves, no pleno ordinario da corporación.