Exército Mekemeke

#3 | Contos con Paula Carballeira


Listen Later

O Exército Mekemeke segue sumando forzas e medrando en galegas adeptas. Paula Carballeira convértese na nosa primeira mekemeke.

Isto aparenta que cada vez vai a mellor!

Carlos  Vieito abre o programa falando dese suposto discurso dun futuro apagón eléctrico que comezou a estenderse polas redes como un rumor para converterse en algo sobre o que preocuparse, ou non.

O xeneral mekemeke Miguel colle o relevo para traer o tema da dobraxe no cine escollendo como exemplo a figura dun mestre entre mestres: Constantino Romero. 

Despois dunha breve entrevista coa mekemeke de honor, Paula Carballeira, Xubi pon fin o programa co seu novo bigote e tamén, de forma secundaria, eses grandes combates, cheos de personaxes icónicas que tanto nos sorprenderon de peques e que seguen en alza como é o mundo da WWF (Pressing Catch). 

Forma parte da nosa lexión de mekemekes que invadan de risas o mundo e o fagan un chisco mellor. 

Descubre os mellores momentos de cada programa no noso ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠, ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠Twitter⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠ e ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠TikTok⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠.


🔥 Forma parte dos mekemekes no noso ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠Patreon⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Exército MekemekeBy Sapo Vermello