Conxecturas

48. A Biblia dos 144.000


Listen Later

This is episode 49 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 21 de maio de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Xoves, 21 de maio

Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
Está escrito no libro da Apocalipse, capítulo 7, versículos do 4 ao 8, os cento corenta e catro mil marcados, de entre todas as tribos dos fillos de Israel. Estes serían os elixidos, os salvados. Podedes adoptar o posicionamento das Testemuñas de Xehová, que cren que este é o número concreto, exacto; ou da maioría de confesións cristiáns, que o entenden como unha metáfora da totalidade dos crentes que van gozar da salvación.
A xerarquía católica galega debe estar preocupada polo limitado número de persoas que se van salvar e non queren animar a ninguén máis (non vaia ser que non haxa sitio).
Buscade en Amazon, ide a á web ou os andeis da Casa del Libro, e non atoparedes a Biblia en galego. Publicada pola editorial SEPT a súa cuarta edición en 2022, revisada lingüísticamente, é verdadeiramente difícil, por non dicir imposible, atopala nos andeis de calquera libraría en Galicia.
Xa me gustaría a min, cando menos, 144.000 exemplares, 1 por crente destinado á salvación.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

ConxecturasBy José Antonio Martínez