Nunha tranquila tarde de domingo de agosto... pero do ano pasado (2022) sintámonos Vicente Vázquez mais eu a conversar. Cando este podcast aínda era unha idea borrosa gravamos esta conversa que a min tamén me axudou para ver se isto de facer un podcast tiña ou non xeito.
Hoxe comparto esta tarde de conto cunha das persoas máis talentosas que coñezo. Filólogo, poeta e faranduleiro, alén de ter moito mundo percorrido, falamos do dilema de tomar decisións, da dificuldade e tamén das consecuencias. Acompañádenos nesta horiña de conversa!