Aquí faltan páxinas

A Bella Otero. Unha icona da Belle Époque


Listen Later

Aquí faltan páxinas” sobe aos escenarios nos que trunfou a Bela Otero, unha das personaxes máis emblemáticas do París galante da belle époque e cunha vida fascinante chea de luces e sombras. Tras unha brutal violación, con só 12 anos viuse obrigada a abandonar Valga. Fuxindo do estigma, Carolina Otero soubo reinventarse como bailarina, cantante e actriz, e construír unha historia perfectamente calculada para catapultala á fama, á fortuna e ao corazón de ricos e poderosos admiradores. Chegou a ser unha das mulleres máis influentes do mundo e perdeuno todo nos casinos. Morreu na Costa Azul, apartada do foco público, e con ela din que morreu tamén a propia belle époque. Acompáñanos na sesión a historiadora Encarna Otero, autora das entradas da Bela Otero na Galipedia e no “Álbum de mulleres” do Consello da Cultura Galega, ademais de escritora e colaboradora de varios medios de comunicación nos que publicou artigos sobre a muller na historia.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Aquí faltan páxinasBy Deputación de Pontevedra