Na pequena parroquia de Gargamala, no concello de Mondariz, as mulleres son as grandes depositarias da tradición oral e musical. Cantareiras, tocadoras e transmisoras de saberes, fixeron posible que romances, coplas e cantos de traballo sobrevivisen ao paso das xeracións. Reunidas en fiadas, seráns e festas, acompañaban os labores do campo e as celebracións con voces potentes e harmonías aprendidas de memoria. O seu repertorio abrangue desde cancións de berce ata pezas para bailes e procesións. Ademais de manter viva a música, estas mulleres tamén conservan historias, refráns e formas de falar propias da zona, converténdose en auténticas gardiás da identidade local. A súa contribución é hoxe valorada pola etnomusicoloxía que ve nelas un elo esencial para comprender a riqueza do folclore galego.
CRÉDITOS
Os testemuños dePerfeuta de Remeixido, Solmira da Cesteira, Fina de Vedrelos e Manuel do Pintor pertencen ao arquivo Arredor da Tradición, compilado por Xulia Feixoo eGuillerme Ignacio e publicados no libro Mulleres de Gargamala! Cantaresde tradición oral (aCentral Folque, 2017).
Foron cedidas tamén paraeste capítulo as seguintes músicas da mesma publicación:
- Jota. Tocadoras do Barro. Arquivo de Guilherme Ignacio
- Primeiro agharrado. Tocadoras do Barro. Arquivo de Guilherme Ignacio 04.03.2012.
- Jota. Tocadoras e gaiteiro do Barro. O Barro, Gharghamala, Mondariz, do Arquivo Arredor da Tradición 10.04.2017
- Cantar De Reis Caminaba Una Señora. Lola Rodríguez Busto do Coxo (O Barro, 1943) e Lealdina Amil Valado de Inesa (O Barro, 1951), do arquivo de Guillerme Ignacio 10.04.2017
- Cantar De Reis Eran Entre Dos Romeros. Lola Rodríguez Busto do Coxo (O Barro, 1943), do arquivo de Guillerme Ignacio, 04.03.2012.
- Tremelico, Dorinda Rodríguez Sánchez de Sinforosa (Mourelle, 1926), do arquivo de Guillerme Ignacio, 08.07.2012
- Jota. Tocadores de Mourelle, do Arquivo de Leni Pérez.
- Rebeirana Da I-Aña. Dorinda Rodríguez Sánchez de Sinforosa (Mourelle, 1926), do Arquivo de Guilherme Ignacio 08.07.2012
- Pasodobre 'Chora Videiriña'. Solmira Fernández Bernárdez da Cesteira (A Rúa, 1942), do Arquivo de Arredor da Tradición, 03.07.2017a.
- Cantar de entrada ao serán. Tocadoras do Barral. O Barral, Gharghamala, Mondariz, do Arquivo Arredor da Tradición 27.08.2002
- Cantar Das Sachadas, Tocadoras do Barral. O Barral, Gharghamala, Mondariz, do Arquivo Arredor da Tradición 27.08.2002
- Jota Da I-Aña. Tocadoras do Barral. O Barral, Gharghamala, Mondariz, do Arquivo Arredor da Tradición 10.04.2017
- Primeiro Agharrado Da I-Aña. Tocadoras do Barral, do Arquivo Arredor da Tradición. 18.12.2016.
Tamén se usou a Xota de Solmira Fernández Bernárdez da Cesteira (Id 3567) depositada no APOI poloArquivo Arredor da Tradición e recollida en 2020 en Mondariz
O resto do repertorio e dos testemuños foron gravados porMarián Fernández nunha sesión de recollida ao grupo de Pandereteiras deGargamala integrado por Lealdina, Ilda, Alegría, Dalmiro, María, Enrique,Rosa e Sandra, o 12 de setembro de2025.