fondo dos océanos para rescatar a figura de
Ángeles Alvariño, a primeira científica que se embarcou nun buque oceanográfico como investigadora. Descubriu 22 novas especies mariñas e revelou como a presenza de distintas formas de zooplancto na auga podía servir de excelente indicador do estado de saúde dos mares e dos caladoiros de pesca. E, aínda que na España do século pasado as mulleres eran case unha anomalía científica, esta ferrolá afincada durante un tempo en Vigo, logrou facerse un oco nese campo do coñecemento tan dominado por un sistema patriarcal, para deixar boa proba do seu talle intelectual. A sesión terá lugar o mércores 13 de setembro ás 19:00 na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, e teremos a sorte de conversar coa súa filla,
Ángeles Leira Alvariño, que viaxará desde La Jolla, California, onde aínda vive desde que se trasladara alí cando era moza, acompañando o último destino profesional da súa nai nos Estados Unidos.