Aquí faltan páxinas

Avance - As madriñas de Redondela. A esperanza dos presos de San Simón


Listen Later

Entre 1936 e 1943, calcúlase que preto de seis mil homes estiveron presos na illa de San Simón, situada na enseada da ría de Vigo, e convertida en presidio e campo de concentración durante a guerra civil e os primeiros anos da ditadura franquista. Ao longo deste período, estímase que uns setecentos homes morreron alí de enfermidade e malnutrición a causa das terribles condicións de amoreamento, da falta de hixiene e de alimentos, e dos traballos forzados aos que estaban sometidos. Na contorna creouse unha rede de cooperación, grazas ás mulleres xenerosas e valentes que, mesmo sen teren vinculación ningunha cos presos, se ofreceron a lavarlles a roupa e a levarlles comida, mantas, menciñas, e moitas veces cartas de familiares agochadas entre a roupa. A estas mulleres coñecémolas como as lavandeiras ou as madriñas de San Simón. Arriscaron a súa vida por axudar a quen non cometeu máis delito que defender os valores da República e da liberdade. Moitas delas foron castigadas, multadas e represaliadas, mais continuaron, como auténticas heroínas anónimas que loitaron desde o cotián contra a barbarie e a inxustiza. Houbo presos que mesmo acabaron casando coa súa madriña. É a historia do triunfo do amor por riba do odio que asoma sempre no extremismo de toda ditadura.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Aquí faltan páxinasBy Deputación de Pontevedra