No programa 239 do COMO QUE NON?! volve Cristina Maró a participar nunha nova edición do Concurso CQN tentando clasificarse para a gran final. Estará axudada por Dani Lorenzo, J. Pablo Sangiao e Alejandro Martínez "pini" que tamén nos analizará unha nova Efeméride Aleatoria. Carla Mañas volve cunha nova edición de Carla Calzeta e a música en directo corre a cargo de Raúl Ben que nos presenta en rigoroso directo "La Chica de las Semillas". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.