No programa 243 do COMO QUE NON?! remata o paso dos Negro López, Iván Davila e Brais Iriarte, polo programa. Alejandro Martínez "Pini" volve con outra Efeméride Aleatoria. Fran Rodríguez, a piques de volver ao estudio a vindeira semana, volve contactar connosco desde as Illas Canarias. Dani Lorenzo responde á petición de Fran dedicando o seu Mundo Paquitoff a esa xente que, a pesar de non parecelo, transmite certa sensaciónd e tristeza. J. Pablo Sangiao analiza os tipos de condutores nunha nova eidción de O Criticador e a música en directo volve estar a cargo de Fran Brea que nos interpreta o tema "Dementor". Coma sempre, dirixido e presentado por Carlos Tresandí.