No programa 236 do COMO QUE NON?! o showman Carlos Veleiro que segue a presentarnos o seu último podcast-chou "Con Pocas Luces", participa no Concurso CQN para poder facerse cun oco na gran final de Fin de Temporada. Dani Lorenzo e J. Pablo Sangiao tentarán botarlle unha man. Carla Mañas envíanos unha nova Carla CalZeta onde fará unha radiografía da xeración dos 80. Alejandro Martínez "Pîni" volve analizar unha nova Efeméride Aleatoria. Na parte musical volven os amigos da Timba Mullallo! que interpretarán en RIGOROSO DIRECTO o tema "Camaleón". Dirixe e presenta, como é habitual, Carlos Tresandí.