No Episodio 36 da 5G do COMO QUE NON?! o gran Álex Fidalgo do famoso podcast Lo Que Tú Digas acompáñanos e vai enfrontarse ao reto proposto por Carlos Tresandí. Teremos unha edición moi especial do CCC de Pepe Capelán que, excepcionalmente, se vai denominar CFC. Fran Rodríguez, Fernando RqR, Dani Lorenzo e Alejandro Martínez "Pini" achegarán todos os comentarios que se lles ocorran durante o programa e teremos un cameo de Popó Capelín! A música do programa correrá a cargo de It´s Soul & Wannadee, que nos interpretan en directo o tema "Casi". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.