No Episodio 15 da 5G, Carlos Tresandí tentará conectar por teléfono con Pepe Capelán, que xa case está recuperado para a volta á presencialidade no seguinte episodio. Ari Magritte continúa unha semana máis connosco e formará parte da nosa sección de debate ao chou: @s Todólog@s . Hoxe o noso oínte Andrés Romero proponnos a pregunta: credes na reencarnación? A ver que sae de aí... Fernando RqR vén facer unha análise lírica do feito de ter fillos en O Camaleón que inaugura, ademais, sección a demanda d@ convidad@. Dani Lorenzo abre o seu Mundo Paquitof para falarnos da Editorial Bruguera, o Guai e Chicha, Tato e Clodoveo entroutros; axudará na análise Fran Rodríguez. Teremos outra Efeméride Aleatoria de Alejandro Martínez "Pini" protagonizada por Sisebuto e a sección musical corre a cargo de Rober Carcos, que nos adianta EN RIGOROSO DIRECTO un tema do seu próximo disco SAMSARA, que sairá en poucas semanas. A canción titúlase "Quemamos Madrid".