Como que non?

O ORÁCULO DE ARI


Listen Later

No Episodio 13 da 5G, recibimos a Ari Magritte no programa para falar con ela e, de paso, que nos bote as cartas do seu Oráculo ao equipo. Pepe Capelán anda pachucho e mandounos unha mensaxe desculpando a súa ausencia. Carlos Tresandí fala por teléfono cunha piraña que busca o perdón da sociedade. Alejandro Martínez "Pini" analizará unha nova Efeméride Aleatoria que sairá ao chou do noso Xerador de Números Aleatorios. Volve á presencialidade Fernando Rqr e Fran Rodríguez & Dani Lorenzo estarán ao quite co que faga falta. E hoxe presentamos o single que vén de estrear Roma Música ("Algunas Veces"), acompañada á guitarra do noso amigo Rober Carcos
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Como que non?By Radio Galega