No Episodio 10 da 5G, visítanos Raquel Saínza, reporteira do Quen Anda Aí, que vai facernos unha análise do estilo estético de Fernando RqR, o colaborador máis in do programa que hoxe se atopa de baixa paternal. Alejandro Martínez "Pini" ofrecerá unha nova Efeméride Aleatoria. Fran Rodríguez, Pepe Capelán e Dani Lorenzo estarán atentos ao que poida acontecer durante o programa e a nota musical vai poñela Valentín Dacova que nos interpreta en rigoroso directo un dos seus últimos temas: "Partida y Regreso". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.