No episodio 12 da 5G, Carlos Tresandí recibe por última vez a Raquel Saínza como convidada. Ela e o resto do equipo participarán nunha nova edición dos Todólog@s no que debaterán sobre un tema escollido ao chou e proposto pola audiencia. Dani Lorenzo transmuta a súa sección Cinema Paquitof en Paquitof Sobre Branco e vén falarnos dos míticos libros da Colección Ardilla. Fernando RqR volve coa súa sección O Camaléon a través de conexión telefónica na súa última semana de teletraballo por baixa de paternidade; a semana que vén volve á presencialidade. Alejandro Martínez "Pini" analizará a Efeméride Aleatoria que lle toque. Pepe Capelán e Fran Rodríguez estarán atentos para puntualizar o que sexa e a música EN DIRECTO virá da man de Valentín Dacova que hoxe nos ofrece o tema 'Rosa'.