Por quinto ano consecutivo, o COMO QUE NON?! celebra un programa especial de case tres horas no que van despedir o 2021 e celebrar o 2022. Carlos Tresandí vai exercer de mestre de cerimonias nun episodio no que as convidadas serán Lucía Veiga e Marita Martínez, ou o que é o mesmo: as Izquierdo Sisters. Van improvisar nun reto moi especial que lles temos preparado. E ademais, tódalas seccións habituais do programa estarán presentes neste especial: Efemérides Aleatorias, Consultorio Capelán Contesta, Museo Mutante, Cinema Paquitof e O Camaleón. O especial é que, os colaboradores vanse INTERCAMBIAR AS SECCIÓNS. Veremos que sección é asignada a Alejandro Martínez "Pini", Fernando RqR, Pepe Capelán, Fran Rodríguez e Dani Lorenzo. O que si prometemos é a estrea da Panxoliña do Nadal 21/22 de Fernando RqR e unha edición ESPECIAL de @s Todólog@s na que todo o equipo do programa e as nosas convidadas van recordar ese momento audiovisual navideño que lles quedou forxado a lume nas cabezas. E como guinda ao pastel, teremos FELICITACIÓNS de máis de 15 artistas que quixeron pasar polo programa para desexarnos un ano novo... Algunha das felicitacións é unha sorpresa gorda! Entramos no 2022 co COMO QUE NON?! nesta 5G!