Aquí está o episodio 210 (ou cuarto da sexta temporada) do COMO QUE NON?! co Dr. Frusna de El Cinemanicomio de convidado e a música en directo de Sabela Cereijo & Andrés Cunha que interpretan "Piece of my heart".
Ademais, Carla Mañas le as cartas astrais do equipo nunha nova edición de Carla CalZ. Alejandro Martínez "Pini" analiza unha nova Efeméride Aleatoria e enfrontamos ao Dr. Frusna ao seu propio cuestionario nunha sección especial denominada "Que che pasa, Dr?" E Dani Lorenzo, J. Pablo Santiago e Carlos Tresandí.