No programa de hoxe recibimos a unha vella amiga do programa, Miriam Rodríguez, cantante e líder de Le BarLuthier que non soamente ven contarnos os seus proxectos senón que nos vai ofrecer unhas clases de técnica vocal, como profesora de canto que é. Pepe Capelán está tentando chegar ao estudio... Veremos se o consegue. Alejandro Martínez "Pini" analiza unah nova Efeméride Aleatoria, Carla Mañas, J. Pablo Sangiao e Dani Lorenzo estarán atentos a todo o que aconteza no programa e a música en directo vai poñela La Banda del Cuarto que nos interpreta unha versión moi persoal do clásico de Ray Charles "Hit the road, Jack". Coma sempre, dirixe e presenta Carlos Tresandí