Como que non?

FIN DA 5G


Listen Later

Carlos Tresandí e todo o seu equipo levan o último COMO QUE NON?! da tempada 5G ata o lugar que os viu nacer: The City Vigo coa volta do PÜBLICO EN DIRECTO. Alí recibirán a monologuista Carla Mañas como convidada, Iago Gordillo e Belén Vara concursarán por alzarse coa vitoria da GRAN FINAL do CONCURSO 5G. A música en directo correrá a cargo de OS TAPACONAS que nos presentan varias cancións do seu repertorio blueseiro en galego coa participación de Miriam Rodríguez como cantante convidada. Ademais estará Pepe Capelán velando porque o programa siga o seu ritmo canónico. Fran Rodríguez ofrécenos o último Museo Mutante da temporada, Dani Lorenzo fai un adíanto do que será o Mundo Paquitof na sexta temporada do programa, Fernando RqR terá unha nova edición de O Camaleón e Alejandro Martínez "Pini" ofrecerá unha nova análise de Efemérides Aleatorias. Todo isto e moito máis en dúas horas e media de programa especial. E que ninguén se preocupe! Voltamos en setembro coa nova temporada do CQN en Radio Galega Podcast!"
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Como que non?By Radio Galega