Como que non?

NOITE NO MUSEO


Listen Later

O Como Que Non?! comeza o seu segundo programa da sexta temporada recibindo a J. Pablo Sangiao do podcast El Cuarto de los Ratones que se enfronta a un renovado Concurso perpetrado por Carlos Tresandí que, si amigos e amigas, vai ter que explicalo. Axudarán a Pablo o equipo completo do programa entre o que se atopan Dani Lorenzo e Carla Mañas. Ademais, volvemos abrir as portas do Museo Mutante de Fran Rodríguez que hoxe nos ven presentar unhas pezas da súa colección que están relacionadas co concepto dos Horror Host. Teremos Efemérides Aleatorias con Alejandro Martínez "Pini", Pepe Capelán aínda está de voda e a música en directo volve poñela Adrián Timms que esta semana nos interpreta o tema "Tell Me".
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Como que non?By Radio Galega